28/2/07

Xuventudes Socialistas critica o proceso de selección do persoal das Galescolas

Loli Rodríguez afirma que “O proceso de selección carece da transparencia que ten que ter un procedemento levado a cabo por unha administración pública"
.
As XSG criticaron hoxe o proceso de selección do persoal das Galescolas, a rede galega de escolas infantís que creará en toda Galicia un total de 99 escolas.

Así o manifestaba hoxe a súa Sª. xeral, Loli Rodríguez Amoroso, “As comisións de valoración están formadas por cinco persoas, dúas en representación do Consorcio, unha en representación de Vicepresidencia e dúas polo Concello. En ningún lugar das bases figura que estas persoas teñan que ter competencias en materia educativa, entón, con arreglo a que criterios se valorará a capacidade dos/das aspirantes?”.

Discrepamos do método elixido para dotar de persoal ás escolas infantís. Supón unha discriminación en relación coa selección a través de oposición que se fai no sistema educativo público” afirma Loli Rodríguez. Dende a dirección nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia critícase a excesiva importancia que se lle dá á entrevista persoal, en comparación con outras fases, como pode ser o concurso.

“Non parece moi proporcionado que a fase de concurso, na que se recollen os méritos, titulación, cursos de formación… dos/das aspirantes se valore como máximo con 10 puntos, e unha entrevista persoal, sempre moito máis discrecional, se valore ata con 8 puntos”, manifestou Rodríguez Amoroso.“Non parece moi xusto que un curso de formación de 200 horas teña como máximo 0.3 puntos, en comparación coa valoración desa entrevista persoal”.

A máxima responsable das XSG manifestou que “non entendemos que a proba de coñecemento da lingua galega se teña que pasar dúas veces.”

“Para poder optar hai que presentar un certificado do curso de iniciación ou perfeccionamento de lingua galega ou superar unha proba na fase de oposición. Mais logo, na fase da entrevista, ten que acreditarse de novo a mesma aptitude, para o cal a entrevista se desenvolverá en galego. Con arreglo a que criterios se valora se o coñecemento é suficiente? Está capacitado/a o entrevistador para valorar este extremo? Esíxeselle ó/á entrevistador/a que acredite o seu coñecemento da lingua?

Segundo as Xuventudes Socialistas este é un procedemento nalgúns extremos arbitrario, que non garante a concorrencia dos principios de igualdade, mérito e capacidade e impropio dunha entidade pública.

Noticia publicada: La Voz de Galicia

No hay comentarios: