Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas

31/5/07

Política para nenos versus Telmo Martín

Julio. Secretario Xeral de XSG Pontevedra.Hoxe voteille unha ollada o blog do señor Telmo Martín, ex-alcalde do PP en Sanxenxo e ex-alcaldable do PP en Pontevedra, digo ex-alcaldable xa que as eleccións municipais foron este domingo e parece que algúns aínda non se deron conta e seguen facendo a súa campaña particular. O leer a entrada titulada “Na Burbulla” quedei moi asombrado das afirmacións deste señor, non entendo como unha persoa que nos seus discursos utiliza infinidade de datos –en moitas ocasións mal utilizados- non é capaz de comprender unha simple suma.

.
Total votantes 44.217
Abstención 28.861
Votos nulos 304
Votos en blanco 950.
.
PP 19.387 (44.15 %). Concelleiros: 12
BNG 12.412 (28.26 %). Concelleiros: 7
PSdeG-PSOE 9.807 (22.33 %). Concelleiros: 6

Observando estes datos podemos afirmar que o 50.59% dos votantes -que non da poboación de Pontevedra- non se senten representados polo PP e polo tanto se o PSdeG – PSOE e o BNG queren chegar ou chegan a un acordo para gobernar esta cidade estarán representando o 50.59% dos votantes, e dicir, representarán a mais veciños que o Partido Popular.Resumindo señor Telmo 28.26% + 22.33% > 44.15%, entendo e comprendo que hoxe non teña a cabeza para sumar xa que onte pola noite saíu a celebrar ou a afogar penas polos bares de Pontevedra pero o comprende non?.

30/5/07

O compañeiro das Xuventudes Socialistas, Iván Puentes, novo alcalde de Fene


As pasadas eleccións do 27 de maio deixaron nas Xuventudes Socialistas un sabor dulce, pois unha das apostas da nosa organización era, ademáis de apoiar ós nosos candidatos e candidatas nas nosas vilas e cidades, conseguir que o ata hai pouco Sª de Organización das XSG, Iván Puentes, alcanzase a alcaldía de Fene.
.
O pasado domingo os feneses e as fenesas deron o seu apoio maioritario ó Partido Socialista, convertindo esta candidatura na lista máis votada, con 7 concelleiros.
.
Caeu un dos bastións históricos do nacionalismo, o Concello de Fene, que levaba gobernando o BNG toda a democracia.Unha nova como esta, ademáis de enchernos de ledicia como membros das XSG, tamén demostra que a mocidade está preparada para asumir responsabilidades de goberno das diferentes institucións e que si o proxecto é sólido a cidadanía apoia tamén ós mozos e ás mozas.
.
Dende esta páxina web das xsg non nos queda máis que darlle a noraboa ó compañeiro Iván, mostrarlle todo o noso apoio e desexarlle tódolos éxitos nesta nova andadura. Si queredes ver a entrevista que lle fan hoxe a Iván pinchade aquí.


Visto en: XSG

28/2/07

Xuventudes Socialistas critica o proceso de selección do persoal das Galescolas

Loli Rodríguez afirma que “O proceso de selección carece da transparencia que ten que ter un procedemento levado a cabo por unha administración pública"
.
As XSG criticaron hoxe o proceso de selección do persoal das Galescolas, a rede galega de escolas infantís que creará en toda Galicia un total de 99 escolas.

Así o manifestaba hoxe a súa Sª. xeral, Loli Rodríguez Amoroso, “As comisións de valoración están formadas por cinco persoas, dúas en representación do Consorcio, unha en representación de Vicepresidencia e dúas polo Concello. En ningún lugar das bases figura que estas persoas teñan que ter competencias en materia educativa, entón, con arreglo a que criterios se valorará a capacidade dos/das aspirantes?”.

“Discrepamos do método elixido para dotar de persoal ás escolas infantís. Supón unha discriminación en relación coa selección a través de oposición que se fai no sistema educativo público” afirma Loli Rodríguez. Dende a dirección nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia critícase a excesiva importancia que se lle dá á entrevista persoal, en comparación con outras fases, como pode ser o concurso.

“Non parece moi proporcionado que a fase de concurso, na que se recollen os méritos, titulación, cursos de formación… dos/das aspirantes se valore como máximo con 10 puntos, e unha entrevista persoal, sempre moito máis discrecional, se valore ata con 8 puntos”, manifestou Rodríguez Amoroso.“Non parece moi xusto que un curso de formación de 200 horas teña como máximo 0.3 puntos, en comparación coa valoración desa entrevista persoal”.

A máxima responsable das XSG manifestou que “non entendemos que a proba de coñecemento da lingua galega se teña que pasar dúas veces.”

“Para poder optar hai que presentar un certificado do curso de iniciación ou perfeccionamento de lingua galega ou superar unha proba na fase de oposición. Mais logo, na fase da entrevista, ten que acreditarse de novo a mesma aptitude, para o cal a entrevista se desenvolverá en galego. Con arreglo a que criterios se valora se o coñecemento é suficiente? Está capacitado/a o entrevistador para valorar este extremo? Esíxeselle ó/á entrevistador/a que acredite o seu coñecemento da lingua?

Segundo as Xuventudes Socialistas este é un procedemento nalgúns extremos arbitrario, que non garante a concorrencia dos principios de igualdade, mérito e capacidade e impropio dunha entidade pública.

Noticia publicada: La Voz de Galicia