7/3/07

Jovenes y Política


Julio. Secretario Xeral de XSG Pontevedra. Mirando o informe jovenes e política elaborado polo INJUVE, a FAD e a Obra Social de Caja Madrid non podo mais que levarme as mans a cabeza. Cal é a realidade da mocidade española cando a pregunta que facemos é ¿interésache a política?. Todo temos unhas inclinacións políticas xa veñan derivadas por afinidade, principios ou calquera outra cuestión, pero sempre que preguntan o futuro da sociedade, a mocidade pola política, o interese xeral é escaso, case o 50% da mocidade española non ten interese ou está pouco interesado na política.

Non podo entender como sendo o sector máis afectado polo desemprego, a temporalidade no traballo etc... non nos interesa a política e canto menos ser protagonistas da vida política. Cada día que pasa nos din que a mocidade non ten interese polos proxectos colectivos, non temos coñecementos e non estamos preparados para ser a alternativa, nos repiten que non temos capacidade de decisión e nos temos puntos de vista. ¿Cómo ve a sociedade a xuventude? Está moi claro que coma un camiño ata a vida adulta, e como tal estes adultos non valoran a nosa voz, a nosa opinión, non quitan a nosa capacidade de manifestarnos socialmente. A todas estas persoas eu lles digo que si me interesa a política, si teño opinión propia e temos os coñecementos e a preparación para poder ter esa capacidade de decisión que nos negan, non poden dicir que somos a xeración mais preparada e pola contra que non podemos participar e por sorte somos moitos os xovenes interesados por estes temas e o demostramos cando vamos as urnas, o 80% da mocidade vota ou esta disposta a votar fronte o 16% que non votan, estes datos extráense do informe antes citado. ¿Cómo pode ser que non nos interese a política e polo contrario vaiamos todos maioritariamente a votar?.

28/2/07

Xuventudes Socialistas critica o proceso de selección do persoal das Galescolas

Loli Rodríguez afirma que “O proceso de selección carece da transparencia que ten que ter un procedemento levado a cabo por unha administración pública"
.
As XSG criticaron hoxe o proceso de selección do persoal das Galescolas, a rede galega de escolas infantís que creará en toda Galicia un total de 99 escolas.

Así o manifestaba hoxe a súa Sª. xeral, Loli Rodríguez Amoroso, “As comisións de valoración están formadas por cinco persoas, dúas en representación do Consorcio, unha en representación de Vicepresidencia e dúas polo Concello. En ningún lugar das bases figura que estas persoas teñan que ter competencias en materia educativa, entón, con arreglo a que criterios se valorará a capacidade dos/das aspirantes?”.

Discrepamos do método elixido para dotar de persoal ás escolas infantís. Supón unha discriminación en relación coa selección a través de oposición que se fai no sistema educativo público” afirma Loli Rodríguez. Dende a dirección nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia critícase a excesiva importancia que se lle dá á entrevista persoal, en comparación con outras fases, como pode ser o concurso.

“Non parece moi proporcionado que a fase de concurso, na que se recollen os méritos, titulación, cursos de formación… dos/das aspirantes se valore como máximo con 10 puntos, e unha entrevista persoal, sempre moito máis discrecional, se valore ata con 8 puntos”, manifestou Rodríguez Amoroso.“Non parece moi xusto que un curso de formación de 200 horas teña como máximo 0.3 puntos, en comparación coa valoración desa entrevista persoal”.

A máxima responsable das XSG manifestou que “non entendemos que a proba de coñecemento da lingua galega se teña que pasar dúas veces.”

“Para poder optar hai que presentar un certificado do curso de iniciación ou perfeccionamento de lingua galega ou superar unha proba na fase de oposición. Mais logo, na fase da entrevista, ten que acreditarse de novo a mesma aptitude, para o cal a entrevista se desenvolverá en galego. Con arreglo a que criterios se valora se o coñecemento é suficiente? Está capacitado/a o entrevistador para valorar este extremo? Esíxeselle ó/á entrevistador/a que acredite o seu coñecemento da lingua?

Segundo as Xuventudes Socialistas este é un procedemento nalgúns extremos arbitrario, que non garante a concorrencia dos principios de igualdade, mérito e capacidade e impropio dunha entidade pública.

Noticia publicada: La Voz de Galicia

XSG Pontevedra invítate ó Ravachol

Dirixida ós mozos/as pontevedreses, para darlles a coñecer a organización e escoitar as súas propostas.
.

A agrupación local de Pontevedra das Xuventudes Socialistas organiza esta noite unha festa no pub Dejavu, as 22.00 h.

Según palabras do Secretario Xeral das XSG- Pontevedra, Julio Castela, “esta festa pretende dar a coñecer ás Xuventudes Socialistas entre os máis novos de Pontevedra. Que saiban o que facemos é fundamental para que se acheguen a nós. Queremos escoitalos, escoitar as súas propostas para mellorar a cidade”

“Quixemos fuxir das típicas reunións e discursos. Pensamos que un ambiente xuvenil e distendido quizais fose máis apropiado para falar do que lle preocupa á mocidade pontevedresa”, comentou tamén o responsable das XSG Pontevedra.

Quedades pois todos e todas invitados a participar!